A banda neoiorquina é lenda viva do garage rock, liderados por Rudi Protrudi, levan máis de catro décadas incendiando escenarios cun explosivo cóctel de garage, psicodelia e rock’n’roll primitivo. O seu son, marcado polo inconfundible órgano Vox Continental e guitarras cargadas de fuzz, converteunos nunha das bandas máis influentes e respectadas do revival garage a nivel mundial.