CUBA CANTA EN MARÉ

Saturday, September 26, 2026
Cuba, inesgotable potencia musical do Caribe, farase oír no Maré 26 a través do espectáculo “Cuba canta en Maré”: unha viaxe polas paisaxes sonoras da illa a través dos músicos cubanos Alejandro Vargas, á fronte do seu Trío, e Reynier Aldana, coa súa homenaxe ás lendas do Buena Vista Social Club. Un proxecto no que a diáspora musical cubana en Galicia celebra o encontro cultural a través dos ritmos do jazz, da salsa ou do son cubano.
Tickets Website