“A VER QUE PASA” é un espectáculo unipersonal escrito e interpretado polo actor Evaristo Calvo (Mofa&Befa). Con características propias do stand up, o monólogo ou o cabaret literario ten unha pretensión claramente cómica, desenvolvendo unha progresión que vai do stand up máis convencional ata a narración oral pasando pola poesía paródica.